Facer fértil ou máis fértil unha cousa, particularmente a terra, por medio de fertilizantes
Etimoloxía
Vocábulo derivado sobre o adxectivo “fértil” que nos chega desde o latín fertilis que significa ‘abundante’.
Exemplos *
“Martín Senande, axúdalle a cargar o cesto, cheo de Laminaria, unha alga parda que é frecuente atopar na carta de calquera restaurante xaponés. Mais nesta parroquia do concello de Cabana o seu destino é outro: o de fertilizar, en fresco, a horta familiar.” (Eduardo Rolland e David Fontán Bestilleiro: GCiencia. O portal da ciencia galega, 19, 6-2015)
“Non é partidario Bao Iglesias da fabricación de compost (produto obtido pola fermentación controlada de materia orgánica, utilizado para fertilizar e acondicionar solos), solución para a reutilización da materia orgánica propugnada polos grupos ecoloxistas.” (Xosé A. Neira Cruz: Tempos Novos, 15, 6-1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


