Recipiente para ferver o leite
Etimoloxía
Vocábulo formado por derivación tomando como base o verbo “ferver” que procede do latino fervere.
Exemplos *
“Durante uns instantes só se escoita o ruído do fervedoiro do leite. Froilán achégase de novo á mesa cunha bandexa.” (María Rei Vilas: Flores de ferro, 2020)
“Estaba na cociña servíndome un pouco do leite, aínda algo morno, quedara no fervedoiro, cando escoitei, ao lado mesmo do cerrado da casa, os ouveos dos cans.” (Serafín Parcero: As illas dos deuses, 2021)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


