Que é amigo de divertirse e andar de festa
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “festa” que vén do latín festa que é a substantivación festus, -a, -um ‘de festa’, ‘feliz’.
Exemplos *
“Acaso non lle viría ben a Galicia un Joyce do século XX que conxuntara graza e ironía, humor e lucidez, vida e arte, fluidez literaria e espírito festeiro aínda que a desexada novela, coma o Ulises, "a mellor novela nunca escrita en lingua inglesa", a compuxer en castelán?” (Ramón López Vázquez: Domingo García-Sabell e a fenomenoloxía, 2013)
“Percorrían vilas e aldeas, buscando esas xuntanzas festeiras nas que a xente preparada para a alegría sorprendíase coa súa historia e coa súa peculiar rebeldía contra todo tipo de autoridades.” (Andrea Ferreiro: Sermos Galiza, 02-10-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.