festexeiro, -a

Persoa que recibiu unha invitación para asistir a unha festa

Etimoloxía

Creación que toma como base “festexar” que deriva de “festa” do adxectivo do latín festa ‘festivo’.

Exemplos *

“Toda orquestra en condicións precisaba da figura do acordeonista garrido, chantado no centro do palco, emocionando os festexeiros coas súas melodías.” (Xurxo Souto, Sermos Galiza, 28-8-2014)

“(...) afirmaban moi serios que eles eran festexeiros de toda a vida. Cada un dos que tivera a idea da tortilla invitaba a cantos podía; porque tamén se acordara dar non sei que cartos por cada invitado que se levase individualmente ou en grupo.” (Xosé Manuel Carballo Ferreiro: Parábolas chairegas, 1981)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí