Conxunto de actos públicos de carácter alegre con que se celebra unha festa, especialmente as festas populares
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “festexar” e esta do italiano festeggiare ‘celebrar con festa’.
Exemplos *
“A beirarrúa na compaña do seu convidado di que non recorda desde tempos inmemoriais uns festexos tan longos coma os deste ano.” (Ramón Paz Guntín: Terra chá xa. Xornal independente da chaira, 9-2014)
“Algúns quixeron anular os festexos que se van prolongar durante tres días (...), pero a maioría coincidiu en que era unha mágoa, por non chamalo hipocrisía. Adornaron a vila cunha ostentación que lle vén grande.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.