Serie de representacións dedicadas a un artista ou a unha arte, en especial á música.
Etimoloxía
Palabra que entra no idioma a través do inglés festival, 'período no que a xente celebra algo'.
Exemplos *
"¿Acordas aquela vez que saín dun festival no colexio polo Entroido chorando?" (Suso de Toro: Calzados Lola)
"Por aqueles tempos tratouse de darlle un carácter galego ós festivais que se facían na escola." (Carlos Sixirei Paredes: A emigración)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.