festivo, -a

Que ten carácter de festa

Etimoloxía

Palabra culta que vén do equivalente latino festivus, -a, -um ‘festivo’, ‘alegre’ ou ‘divertido’.

Exemplos *

“Ela levantada, que se ergueu así que o viu, como se houbese naquel encontro moito tempo de distancia, ou moita espera, ou un amor festivo e alegre que estoura todos os días cando os amantes se encontran, ou se cadra todo por xunto.” (Manuel Portas: Un dedo manchado de tinta, 2011)

“Nas noites de La Sexta, Andrés Montes e a súa troupe de narradores festivos tenta a relaxación colectiva.” (J. Miguel Giráldez: Galicia Hoxe, 3-3-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.