Reunión que se facía para fiar e que remataba con cantos e bailes
Etimoloxía
Voz derivada sobre o verbo “fiar” que, á súa vez, procede do substantivo “fío”, denominación que nos leva ao latín filum de significado semellante.
Exemplos *
“Os "fiadeiros", "fías" ou "fiandóns" en tanto que centros de xuntanza e divertimento ó redor do liño e da lá, da xuventude campesiña tradicional, aparecen no folclore popular como uns auténticos mecanismos capaces de realizar labores á sociedade.” (Xosé Antonio Fidalgo Santamariña: Colectivos artesanos. Para unha etnografía dos portadores tradicionais, 2007)
“Non quedou lareira na que non sentara para escoitar as consellas dos vellos , non houbo fiandón do que non fora seareira nin lavadoiro , nos que as mulleres debagan historias sen fin , que non visitara .” (María Pilar Campo Domínguez: Confusión e morte de María Balteira, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.