fianza

Cousa, xeralmente diñeiro, que se deposita como garantía dunha débeda a pagar ou dunha obriga que se ha de cumprir

Etimoloxía

Palabra derivada do verbo “fiar” que vén do latín *fidare e este de fidere ‘confiar’.

Exemplos *

“O caso é que piden unha fianza e ti..., podíasme emprestar uns pesos.” (Bieito Iglesias Araúxo: Vento de seda, 1992).

“Que se precisamos un aval, que se dous meses de fianza, unha nómina, un fiador, que teñas un chalé en propiedade... pero, de que van?” (Fran Peleteiro: Os Clocló. A arte de vivir pola cara, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.