Peza pequena de diversos materiais que se emprega nalgúns xogos ou para outros usos, xeralmente con valor monetario ou de troco
Etimoloxía
Préstamo procedente do francés fiche, de significado semellante.
Exemplos *
“Trouxo o taboleiro, colocou as fichas, moveu de primeiras e esperou pola súa nova quenda.” (Ricardo C. Mora: A cidade dos anxos, 2011)
“O xogo das damas consta de dous bandos, branco e negro, repartidos nun taboleiro de xadrez. Cada un deles dispón de 12 fichas, repartidas en tres filas.” (Jorge Mira: A ciencia non punto de mira, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.