ficha

Peza de papel, cartón etc., onde se anotan datos para telos arquivados.

Etimoloxía

Procede do francés fiche, que significaba, entre outras cousas, 'folla solta para ordenar informacións', derivado do verbo ficher 'fixar', 'cravar', evolución do latín figere.

Exemplos *

"… foise de contado cara os ficheiros da bibliografía galega e procurou a ficha do libro de Brañas …" (Lois Tobío: As décadas de T.L.)

"… procédese a realiza-la descrición do mesmo nunha ficha de cartolina seguindo unhas normas que hoxe en día, no noso país, son as chamadas ISBD (International standar book description) …" (Lois Arribas: ¿Que é unha biblioteca?)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.