fichar

Facer constar a hora de entrada e saída do traballo introducindo unha ficha nunha máquina apropiada para ese fin

Etimoloxía

Vocábulo creado sobre “ficha”, préstamo do francés de significado semellante.

Exemplos *

“Ben, pois Sinclair denuncia que acoden ó Parlamento Europeo os venres a primeira hora para despois de fichar, volver e chegar á casa xa ó mediodía desa mesma xornada...” (Xabier Sanmartín: Galicia Hoxe, 11-3-2011)

“Mentres que os demais limitábanse a entrar, fichar, traballar (o imprescindible) e marchar, como debe de ser, Gómez facía todo iso, claro, pero en moito menos tempo, dedicando o que lle sobraba ao deseño dun Sistema de Optimización de Tempos e Rendementos que ninguén lle pedira facer pero que impresionou [...].” (Francisco Castro: Spam, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí