Pasta de fariña, en forma de fío, que se come despois de cocida
Etimoloxía
Crese que é un vocábulo procedente do mozárabe fidáwš ‘masa que aumentaba ao cocer’ e pasa aos romances hispánicos, bebe do verbo árabe fâḍ que significaba ‘medrar
Exemplos *
“Recordou con tristura, e con certa vergoña, unha cea á que a convidou no inicio da súa relación. Foi no mellor restaurante da vila, podía elixir calquera prato delicioso, pero preferiu uns simples fideos con ameixas.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)
“Xa que vas aló, hasme traer dous quilos de azucre, un de fideos, outro de arroz e unha ducia de sobres de azafrán. Non te esquezas. E tamén unha lata de aceite, que xa é pouco o que queda.” (Carlos G. Reigosa: Tras da corda / A noite dos cans doentes, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.