fiestra

Abertura na parede para deixar entrar o aire e a luz, xeralmente cerrada con vidros

Etimoloxía

Termo que bebe no equivalente latino fenestra de significado semellante.

Exemplos *

“A noite que non desce / vóltate a nós agora / coma ponte sin río / ou fiestra en terra firme.” (Álvaro Cunqueiro: Poemas do si e non, 1933)

“Unha señora maior saíu á fiestra. Era a tía Flora. Pasaran moitos anos e a muller da ventá non se asemellaba en nada á que aparecía no retrato que Carlos Carballeira gardaba con fervor na súa carteira.” (Fernando Cabeza Quiles: Contos da taberna / Unha de polbo, por favor, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.