Froito da figueira, moi brando e doce, de pel fina e carne chea de sementes miúdas.
Etimoloxía
Chegou desde o latín ficus, -i, que denominaba tanto a árbore como o froito.
Exemplos *
“Para se protexeren das enfermidades, tanto os nenos coma os adultos levan obxectos protectores, como un figo, un dente de allo …” (Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida)
“Que un día: “se nos trouxeses mel”, e outro “mira de nos conseguir carne de vaca”, “Elvira, para mañá troitas”, “e non esquezas mazás e figos, Elvira, e noces”.” (Teresa Moure: Unha primavera para Aldara)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.