figura

Conxunto de posturas, pasos ou variacións que constitúen cada unha das partes en que se divide unha danza

Etimoloxía

Termo que procede da voz latina figūra ‘forma’.

Exemplos *

“Marguerite Yourcenar describe así a amizade: "a amizade, como o amor, esixe tanta arte como unha figura de baile ben feita. Necesítase moito impulso e moita moderación, moitos intercambios de palabras e moitos silencios, e sobre todo, moito respecto." (Lupe Gómez: Galicia Hoxe, 5-4-2009)

“Un intre detense ulindo aquil recordo da mocidade que pasa. Vén no alento da mañá amolecida de xasmíns, no azul dos montes dondos, no camiño tralas cercas someado polos castiñeiros, no decorrer de figuras de baile dos carreiriños do xardín. Polo camiño chegaba o amor.” (Ramón Otero Pedrayo: Devalar, 1935)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.