figurante

Persoa que, nunha obra teatral, televisiva ou cinematográfica, ocupa un lugar secundario ou insignificante, sen dicir nada durante toda a representación ou gravación

Etimoloxía

Voz que vén do participio presente do verbo “figurar” que procede do latín figurare ‘dar forma’.

Exemplos *

“O rapaz que hai sesenta e tantos anos devecía por un pequeno papel no Teatru Rapsodycznego non pode actuar como un simple figurante e facer mutis polo foro na penúltima escena do último acto, antes de que caia o pano.” (Pedro Páramo: Galicia Hoxe, 26-2-2005)

“Recordo nunha escena con María Adánez na que interviña unha figurante que lle servía un té no xardín do pazo.” (Manuel Xestoso e X. Cid Cabido: Antón Reixa. Ghicho distinto, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.