filantropía

Calidade de filántropo

Etimoloxía

Palabra culta que nos chega desde o grego philanthrōpía ‘amor ao ser humano’.

Exemplos *

“Os galegos proporcionan un modelo social de filantropía case colectivo. Galicia ocupa o sexto posto na taxa de doazón de órganos de España.” (A. Abuín de Tembra: O Correo Galego, 19-2-1995)

“Este Moure de que che falo era un emigrante de Requeixo que , coma tantos outros , exerceu a filantropía na súa terra natal.” (Anxo Angueira: Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.