filántropo -a

Persoa que destaca polo seu amor cara aos demais, que se dedica a facer obras en favor da humanidade.

Etimoloxía

Pode que nos chegase desde o francés, pero tomouse do grego philanthropos, onde se combinan os elementos philo ‘amigo de’ e anthropos ‘ser humano’.

Exemplos *

“Teu avó era un filántropo, un redentor, un visionario, e levaba daquela as cousas da familia.” (Víctor Fernández Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia)

“A todos non, papá, a todos non, que eu tiña daquela quince anos e xa vía vir a trampa, que ninguén pasa de ladrón a filántropo da noite para a mañá.” (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.