filatelia

Estudo dos selos de correo, así como a afección e a arte de coleccionalos

Etimoloxía

Préstamo do francés philatélie de significado semellante.

Exemplos *

“A entomoloxía e maila filatelia eran os seus grandes pasatempos, nos que enredaba a cotío nas súas horas de lecer.” (Manoel Riveiro Loureiro: O patrón, 1990)

“Pasan uns meses nos que contempla a opción de montar coa súa nai _ que era propietaria da librería Librouro _ un negocio de filatelia e colle un local en Príncipe .” (Manuel  Xestoso e X. Cid Cabido: Antón Reixa. Ghicho distinto, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.