filete

Rebanda fina de carne ou peixe que adoita prepararse á prancha, á grella ou frixida

Etimoloxía

Palabra que é un préstamo do francés filet cun significado semellante.

Exemplos *

“Pero non era a Carme de agora, non, a que se debía de estar preguntando, a mesa posta, os filetes flotando nun prebe espeso, onde diaños estaría o seu home, tan tarde, senón a de trinta anos atrás, trinta, a Carme dos tempos do noivado.” (Xabier López López: Os libros prestados / A noite de Walpurgis, 2010)

“A muller pediu oito costeletas de porco, oito filetes de vitela "ben finos, que son para rebozar" e, despois de dubidar un anaco, media ducia de chourizos curadiños" que lle son para comer en cru".” (Manuel Núñez Singala: Menú de enganos / Enxeño, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.