Calquera persoa ou animal en relación aos seus pais
Etimoloxía
Palabra patrimonial que vén da latina filiu, -ii que significaba ‘individuo en relación aos seus pais, descendente’.
Exemplos *
“Teño a sorte de ser filla de pai emigrante, e de procedencia social humilde.” (R. Rodríguez: Galicia Hoxe, 19-04-2009)
“E teño unha filla que está a punto de facerme avó en calquera momento.” (Manuel Xestoso/X. Cid Cabido: Antón Reixa. Ghicho distinto, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.