filloa

Doce para a sobremesa que se fai con ovos, leite ou auga e fariña, todo mesturado formando un amoado que se frite nunha filloeira, e ao que se lle pode engadir logo azucre, mel etc. / Masa feita con fariña, auga, caldo ou leite e ovos, que se frite nunha filloeira e se toma con carne.

Etimoloxía

Tomouse do latín foliola, plural de foliolum 'folliña', que era un diminutivo de folium, -i 'folla'.

Exemplos *

"A composición das filloas que se comen os días do entroido e os días da matanza dos porcos é a mesma cá da bica: fariña, ovos e leite." (Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida)

"O certo era que me facía unhas filloas con mel e asaba nos zonchos ou cocía nos cogomelos que apañaba polo Caxado." (Hixinio Puentes: O bandido Casanova)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.