filme

Fita delgada sensible á luz na que se gravan as imaxes / Obra de cine

Etimoloxía

Termo adaptado do equivalente inglés film.

Exemplos *

“Non é a primeira que coinciden dous filmes arredor dunha mesma personaxe, real ou ficticia, nun breve lapso de tempo. Son casualidades, caprichos do destino, efemérides oportunistas ou contraprogramación para competir na billeteira...” (Andrés Castro: Sermos Galiza, 9-2-2017)

“Unha paisaxe futurista atravesada por ánimas, investida de ocre, alumeada por brancos. Así podería definirse o universo fílmico inscrito no cartel anunciador do filme galego ‘Lúa vermella’, de Lois Patiño, estreado en 2020.” (Margarita Ledo Andión [editora]: De illas e sereas. Para unha historia do cinema galego, 2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.