filmina

Porción de película con imaxe fixa

Etimoloxía

Palabra recollida do italiano filmina, que, á súa vez, é un derivado sobre film.

Exemplos *

“E finalmente traxes completos en tonos naturais, en febras nobres, nacarados, beixe, marfil e as gravatas facéndolle xogo coa cor da pedra ou da area. De contino como filminas dun cinematógrafo entolecido discorreron aqueles cadros do costumismo social.” (Miro Villar: Augas de silencio-Premios Pedrón de Ouro 1985/86, 1987)

“...cando encerrado traducía De bello civili nos descansos da troula ou da meditación (os frades proxectaban filminas da Cidade Eterna pra favorecer o ioga ) e tomaba coñecemento de nomes como Mario e Sila.” (Bieito Iglesias: Pan e coitelo. Novela moi moral, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.