filmoteca

Lugar onde se conservan, coleccionan e proxectan filmes, con finalidade cultural / Colección ou conxunto ordenado de filmes

Etimoloxía

Voz formada sobre “filme” e o prefixo “-teca” procedente do grego théke ‘caixa’; o conxunto resultante transmite a idea de sitio onde se garda algo, neste caso películas.

Exemplos *

“Perante a situación actual vemos como os nacionalistas, a través de Cultura, dedican os seus esforzos a fomentar a creación e a produción, mentres que os socialistas, a través de Presidencia, asumiron a comercialización e promoción incluíndo, de maneira incríbel, a unha institución como é o CGAI, a "filmoteca galega".” (Xurxo González: Tempos Novos, 2006)

“A súa vida profesional, para o académico individualista, libertaria e de crítica e compromiso social, deixou moitas mostras do seu bo facer, evadindo a censura e recoñecéndose como erotómano do cine español. Defensor do cine como industria, aos 89 anos despediuse dos seus seguidores, deixando para sempre a súa obra nas filmotecas.” (Ruth Fernández Fernández: Galicia Hoxe, 23-11-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.