filósofa, -o

Persoa que se dedica á filosofía, que elabora sistemas de pensamento

Etimoloxía

Voz que procede do latín Philosophus, pero que remite ao grego philosophos ‘amante da sabedoría’, termo creado por Aristóteles para evitar usar sabio que xulgaba pretensioso.

Exemplos *

“Non importa que pasasen décadas desde que proliferan as conferenciantes, escritoras de éxito, científicas, filósofas, xornalistas, etc. Tanto ten. Seguimos sendo rara avis.” (Inma López Silva: Chámame señora, pero trátame coma un señor. Memoria persoal do machismo na cultura, 2018)

“Giulio de Martino e Marina Bruzesse (Martino e Bruzesse, 1996) dedicaron todo un libro a contarnos a historia das filósofas que sen dúbida existiron, intentando demostrar que tamén as mulleres saben pensar coma se fosen homes.” (José Carlos Bermejo Becerra: Os señores da mentira. Política e cultura en Galicia, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.