Ciencia que trata de explicar as causas primeiras, a realidade do mundo e o ser humano en xeral
Etimoloxía
Termo que nos chega desde o equivalente latino philosophia que, á súa vez, bebe no grego philosophia ‘amor á ciencia’.
Exemplos *
“A literatura, a arte, a filosofía, a música, a investigación básica axudan a desenvolver un pensamento autónomo.” (Juana Vera [entrevista]: Luzes, 14, 1-2016)
“–E fuches operario e logo soldador, e profesor de filosofía nunha academia antes de andar a navegar? –Si, tamén andei neses oficios.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.