Parte dunha cousa ou dunha acción despois das que non hai ou non se fai nada máis
Etimoloxía
O vocábulo procede de latín tardío finális ‘que limita’ ou ‘final', que bebe do latín clásico fínis, -is 'límite’, ‘fronteira’ ou ‘fin'.
Exemplos *
“Os meteorólogos predín para o final deste ano unha estación cálida. Poden errar ou non, que co clima nunca se sabe.” (Justo Beramendi: Tempos Novos, 12, 10-2000)
“Conferenciante con algunha frecuencia, a súa vocación cultural proxectouse probablemente máis que por outra vía calquera a través do Ateneo, que presidiu na primeira andadura da institución, nos anos vinte. Non só no final do século pasado, senón tamén durante varios anos do XX, foi Nicolás Paz Pardo concelleiro de Vigo.” (Xerardo González Martín: Vigo. No espello dos nosos avós, 1991)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.