Palabra derivada que toma como base de formación “final” que procede do latín tardío finālis.
Etimoloxía
Palabra derivada que toma como base de formación “final” que procede do latín tardío finālis.
Exemplos *
“Os dous anos de referencia serán 1916 e 1945, como se ve, desde o ecuador da Primeira Guerra Mundial até a finalización da Segunda. A primeira data é realmente fundacional na historia da Galiza, pois nese ano, en que se constitúen as Irmandades da Fala, pódese considerar iniciado o século XX galego.” (María Pilar García Negro: Viaxes e construción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936, 2011)
“Promovían música sagrada cunha finalidade estritamente relixiosa, incorporándoa no conxunto de expresións dun cerimonial enriquecido dende fins do século XV, pero sobre todo dende a finalización do Concilio de Trento.” (Ofelia Rey Castelao: A Galicia clásica e barroca, 1988)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


