finalizar

Chegar á súa fin, non ter continuación

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “final” que procede da latina finalis ‘que limita’, ‘final’.

Exemplos *

“Non esperaba ver a Freire até pasados quince días, mais ao finalizar a semana, foino buscar el mesmo unha mañá a primeira hora.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro / Hospicianos, 2010)

“Naturalmente, unha festa; unha festa de amigos a piques de finalizar o curso, celebrando a proximidade das celebracións da fin de curso.” (M. Lourenzo González: Noites de papel / Casa de bonecas, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.