Contribuír co diñeiro suficiente para a realización dunha empresa
Etimoloxía
Procede do francés financer que, orixinalmente, significou ‘pagamento’ e, máis tarde, ‘fonte de renda’.
Exemplos *
“O préstamo TIC ten como obxectivo financiar as pequenas e medianas empresas o investimento en equipos informáticos (...)” (E.P.: Galicia Hoxe, 10-03-2007)
“O seu obxectivo é financiar con criterios de equidade as devanditas obras, distribuíndo os seus custos en proporción ao valor dos terreos adxudicados no reparcelamento (...)” (Xaquín Álvarez Corbacho: Territorio, financiamento e control de gasto. Chaves da economía pública galega II/ Os ingresos urbanísticos dos concellos galegos, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.