Conxunto das actividades comerciais relacionadas co diñeiro dos grandes negocios, dos bancos e da bolsa
Etimoloxía
Préstamo tomado do francés finance ‘pagamento’.
Exemplos *
“As finanzas da Frank Soutelo Detective recibirían unha importante inxección económica a través do mesmísimo Sugar Jones.” (Miguel Anxo Fernández: Bícame, Frank, 2013)
“Ela non dixo nada, pois non era unha decisión súa e non entendía de finanzas.” (Alejandro Tobar: Cremalleiras, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.