Movemento simulado que se fai nalgúns deportes para enganar o adversario.
Etimoloxía
Considérase que se tomou do italiano finta 'acto de finxir', procedente do verbo latino fingere, que tamén significaba 'inventar' ou 'imaxinar' ademais de 'moldear'.
Exemplos *
"… defensa un contra un, pechar os rebotes, non saltar ás fintas dos rivais …" (Carlos G. Meixide: Galicia Hoxe 06-02-2005)
"Maside asustouse e esvarou ao intentar reaccionar á finta." (Aníbal C. Malvar: Unha noite con Carla)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


