fío

Porción fiada e torcida, dun material téxtil de orixe vexetal, animal ou química, moi delgada e longa e que se utiliza para coser ou tecer.

Etimoloxía

Tomouse do substantivo latino filum, -i, co mesmo significado.

Exemplos *

“Agochada nun castiñeiro detrás do convento, e coa axuda de fío e tesoiras, transformeime en rapaz para soportar un mundo inhóspito.” (Teresa Moure: Unha primavera para Aldara)

“A man dereita, no corredor, había un andel de mercería, e un mostrador metálico, con caixonciños e cartóns de botóns multicolores, agullas, bobinas de fío, carretes, imperdibles, prendedores do pelo…” (Xesús Valcárcel: Matar o tempo)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.