firmamento

Bóveda celeste, onde están os astros.

Etimoloxía

Termo de orixe latina firmamentum, –i 'apoio' ou 'fundamento' inda que parece ser que é produto dunha mala tradución ao grego do termo hebreo raqia que significaba 'extensión' e se confundiu con 'solidez'.

Exemplos *

"Un sol poñente limpara de nubes o firmamento." (Carlos G. Reigosa: Narcos)

"Tirou o feixe ó chan e correu onda el coma unha tola ou tal vez coma unha estrela fugaz perdida no firmamento." (Beatriz Dacosta Molanes: Casca de noz)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí