fisga

Arte de pesca similar ao arpón, pero de forma e número de dentes variable segundo as zonas e as variedades de peixes ou moluscos que se pretendan capturar

Etimoloxía

Termo regresivo sobre o verbo “fisgar” que procede do verbo do latín vulgar *fixicāre, que deriva de fixus, participio pasado do verbo figĕre 'cravar'.

Exemplos *

“En Cedeira, a diferenza con outros lugares de Galicia, nunca se empregou a fisga para a pesca da lamprea, por carecermos dese saboroso peixe propio dos bos ríos coma o Miño, Tambre, Sar, Lérez e outros..”(Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro, 2008)

“Nós andabamos á lamprea co tramallo, coma os do Miño. Nós chamámoslle trallo. E por aí andariamos uns trinta mequiños á lamprea, moitos con trallo e algún tamén con fisga, con francada.” (Anxo Angueira: Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.