física

Ciencia que estuda as propiedades xerais da materia e establece as leis que explican os fenómenos materiais.

Etimoloxía

Tomouse do latín physica, -ae, denominación das ciencias naturais, procedente do grego phusis 'natureza'.

Exemplos *

"Di o meu profesor de Física do Instituto -é un home interesante, creo que o único profesor interesante que me deu clase- que ata a panca máis potente necesita un punto de apoio." (Marilar Aleixandre: Lobos nas illas)

"Como cando tiña quince anos e escoitaba o profesor de Física explicarnos o asunto do número de Avogrado, con aquela voz de anxo que tiña e aquela mirada verde e húmida." (Manuel Lourenzo González: Arqueofaxia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.