fisioterapia

Método de terapia baseado no tratamento con axentes físicos ou naturais

Etimoloxía

Termo que resulta da combinación do prefixo de orixe grega “fisio-” que significa ‘natureza’ e a palabra “terapia” que vén do grego therapeía ‘cura’.

Exemplos *

“Haberá tres carreiras. Unha de adultos, outra para as categorías infantil e cadete, e unha terceira para os benxamíns. Os atletas contarán con servizo de fisioterapia, mercé a un acordo da organización co Colexio de Fisioterapeutas de Galicia.” (Jesús Trillo: Galicia Hoxe, 13-3-2011)

“Foi moi mala fractura, pois non se pode escaiolar nin intervir, así que andou, e aínda anda ás veces, cun estribeira. Recuperouse mellor do que temían os médicos, e agora está facendo fisioterapia. Vai levar tempo; din que ata setembro.” (Camiño Noia Campos: Da miña amizade con Fernando (Testemuños (en Homenaxe a Fernando Pérez-Barreiro Nolla)), 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.