fita

Tira de tecido longa e estreita que serve para atar, prender ou adornar algunha cousa

Etimoloxía

Voz que se relaciona coa do latín vitta(m) que significaba ‘faixa’.

Exemplos *

“abrandar a vontade que nos puxa / implacabelmente para os extremos opostos / con esa forza de non sermos nen eu ti nen ti eu, / cortar a fita para inaugurar o tempo / no que nos miramos o ollo no ollo multiplicado” (Luísa Villalta: Apresados sen presa, 2002)

“Lucía un longo vestido negro, vaporoso e sen mangas, anoado ao pescozo con fitas de raso tamén negras. Tiña a pel tan branca que o contraste co vestido era certamente rechamante.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.