fiúncho

(Foeniculum vulgare) Planta da familia das umbelíferas de talo delgado, follas fendidas en tiras finas coma fíos e flores amarelas en umbela, de cheiro agradable e gusto doce, moi abundante en Galicia e utilizada en medicina e como condimento.

Etimoloxía

Procede dunha forma do latín tardío fenuculum, diminutivo de fenum 'feo, herba seca'.

Exemplos *

"… quedou presa dunha certa éxtase, a coandro, a trigo mouro, dunha sensación salvaxe, a fiúncho, que semellaba moito a morte …" (Teresa Moure: Herba moura)

"… souben, coa certeza que só confire a realidade, que nunca volveriamos troupelear o meu Rubén e mais eu polos carreiros cargados de fiúncho e fento …" (Xaime Domínguez Toxo: Contos da Baiuca)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.