Substancia que serve para fixar un peiteado, para manter a súa forma.
Etimoloxía
Deriva de fixo, procedente do latín fixus, –a, –um 'cravado', 'espetado', 'fixado'.
Exemplos *
"Logo vin como Fernando metía os dedos entre o pelo, desfacendo a costra de fixador que o mantiña ríxido." (X.L. Méndez Ferrín: Arraianos)
"-Ola, campión, sabiamos que estabas na Coruña e non queriamos deixar de verte -saudou un mozote co pelo rabiosamente botado para atrás a forza de fixador." (Vicente Araugas: A canción do verán)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.