flan

Doce que se elabora cunha mestura de ovo, leite e azucre, cocida para que calle, e á que se lle poden engadir outros ingredientes como chocolate, vainilla etc.

Etimoloxía

Palabra que nace no equivalente francés flan.

Exemplos *

“Comeu todo o que lle serviron: caldo de nabizas con pan centeo, cabrito asado con gornición, flan caseiro, filloas e viño mencía.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)

“Dentes sans, aparellos dentais ou desdentadas bocas, apuraban con igual dedicación as tenras carnes, os exquisitos caldos, roscas e flans.” (Xavier Lorenzo Tomé: O paxaro que canta un nome, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.