Manter unha relación sentimental pouco profunda e duradeira con outra persoa.
Etimoloxía
Palabra que se forma sobre o estranxeirismo flirt que é un termo inglés que significa 'amosar certo interese sexual sobre alguén sen ser serio'.
Exemplos *
"A miña muller flirtea por aí con algún gandulo, e a min ben me ves, cheirando por se unha beleza anda ó boi." (Bieito Iglesias Araúxo: A vida apoteósica)
"Namorouno (…) cando Raúl se esqueceu de flirtear co socialismo e se botou ao brillo irresistíbel das lágrimas de ouro." (Inma López Silva: Concubinas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.