Doce con forma de flor que se elabora con ovos, leite e fariña.
Etimoloxía
Procede da forma latina flos, floris.
Exemplos *
"… teas con encaixes e sobre elas, rosquillas fritas, rosquillas anisadas, de xema, roscos de viño, melindres, biscoitos de améndoa, flores e orellas e outras lambonadas …" (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería)
"… as filloas de leite e caldo, as follas de limón ou as flores." (O Correo Galego 24-02-1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


