flora

Conxunto das plantas dun país ou rexión

Etimoloxía

No latín clásico, é o nome da deusa das flores, e posteriormente pasa a formar parte do vocabulario científico.

Exemplos *

“A verdade é que nunca fun, precisamente, un especialista nin en flora nin en fauna, pero si que lembro ben esas paisaxes.” (Xosé Ramón Pena: Como en Alxeria, 2012)

“Estudou en profundidade a flora galega, desenvolvendo unha clasificación que, se ben non é totalmente exacta, significou un avance na tradición científica galega.” (Alfredo Iglesias Diéguez: O darwinismo e Galicia, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.