Acción de florear unha planta.
Etimoloxía
É un derivado de flor, procedente do latín flos, floris.
Exemplos *
"… pensaría nas árbores froiteiras e nas vides que tiña na súa casa rural e no prexuízo que a floración a destempo lle podía causar." (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa)
"O vinculeiro de Zarracín achegárase a ela unha tarde que recollía no seo o olor da floración incipìente mesturado co cheiro non moi agradable daquela parte da cidade …" (Darío Xohán Cabana: Vidas senlleiras)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.