Botar flores ou rosas unha planta.
Etimoloxía
Creouse sobre o substantivo flor, procedente da forma latina flos, floris.
Exemplos *
"As maciñeiras xa empezan a florear." (Darío Xohán Cabana: Cerco de ferro)
"Has ver que fermoso é o liño cando florea." (Marica Campo: Memoria para Xoana)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


