Adorno que se intercala entre dúas notas iguais.
Etimoloxía
Formouse sobre florear, que á súa vez se creou a partir de flor.
Exemplos *
"Nota de adorno ou floreo: é unha nota que entra pasaxeiramente na parte non acentuada do compás e regresa á nota principal." (Mónica Groba Lorenzo: Introdución á linguaxe musical)
"Como esta noite que cando daba un floreo de maracas polo aire, caeulle unha delas …" (Xosé Manuel Martínez Oca: Os culpables)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.