Obxecto feito dun material que flota e que se suxeita ao corpo da persoa que vai entrar na auga para evitar que se afunda.
Etimoloxía
Formouse a partir de flotar, e este apúntase que proveña do verbo francés flotter.
Exemplos *
"Mirou o horizonte de flotadores e meteuse para estrear frescor de verán e meteuse máis para sentir como lle escalaba polo peito." (Camilo Franco: Palabras contadas)
"… usamos os flotadores e aí ninguén vai mirar nada, ¿quen vai pensar que un flotador está recheo de algo que non sexa ar?" (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


